Entrevista realizada en "Queda co noso mar" polo GALP Golfo Ártabro Sur e publicada no seu sitio web o día 2 de xunio de 2020

María Mercedes Lebedinsky Secretaria da Asociación de Minoristas del Puerto de A Coruña

"Había xente que estaba na lonxa dende a 1 da mañá con frío e choiva. Pasabamos a vida no peirao, porque como ninguén quería marchar sen peixe, cada vez madrugabamos máis"


María Mercedes Lebedinsky Secretaria da Asociación de Minoristas del Puerto de A Coruña A “Queda co noso mar” chega esta semana María Mercedes Lebedynski, praceira no Mercado de Conchiñas e secretaria da Asociación de Minoristas da Coruña, cóntanos como viviu a situación do crise provocada polo COVID-19 este colectivo, que fai xa uns anos que fixo piña para facerse ver e oír.

1. Cal é a labor da Asociación de Minoristas de A Coruña?

A Asociación de Minoristas da Coruña nace fai 10 anos, aproximadamente (ou incluso máis), pola necesidade dos minoristas de ter voz e representación. Realmente, non estabamos representados na lonxa nin no porto da Coruña por ningún lado, entón decidimos facer un pouco de unión para que nos tiveran algo en conta. Apoiámonos entre nós e botámonos unha man os uns aos outros ante calquera dúbida ou problema que poida surxir.

Seguir lendo

Entrevista realizada por José Manuel Gutierrez e publicada en La Opinión de A Coruña el día 29 de mayo de 2020 - (En Castelán)

Amando López Presidente da Asociación de Minoristas del Puerto de A Coruña

"O consumidor final quería que lle levases o produto a casa, un servizo que noutra ocasión non se daba e co que mantivemos a nosa clientela"

¿Sufriron os minoristas con dureza as consecuencias da crise sanitaria?
Amando López, presidente da Asociación de Minoristas, na sede da entidade - Fotografía de Victor Echave Aquí non se está librando ninguén. O primeiro mes e medio traballamos nunhas condicións moi duras, xa que viñamos ao peirao entre as dúas e as tres da mañá para coller un número e facer cola á intemperie. Non quixemos facer moito ruído pero realmente pasámolo moi mal porque houbo días nos que fixo moito frío e choveu mentres faciamos cola para entrar en quendas de vinte, o que facía que nos pasásemos a semana sen descansar. Ao cabo de máis dun mes establecemos uns protocolos de actuación despois de moitas reunións e de mandar información a Madrid sobre como eramos tratados, xa que con ese sistema a cuestión era quen madrugaba máis porque se chegabas tarde te quedabas sen peixe porque se primaba a venda electrónica. Cando conseguimos recuperar a poxa, que se suspendeu, volvemos un pouco á normalidade, aínda que traballando cos nosos equipos de protección. Aínda que agora estamos en fase 2 da desescalada, aínda estamos a acceder só unha persoa por empresa á lonxa, cando entendemos que é a hora de que non se restrinxa tanto o acceso, tanto a almacenistas como a comerciantes polo miúdo, porque é moi atafegante para quen necesita o apoio doutra persoa, xa que non pode estar en dous sitios á vez. Cando se cambia de fase as cousas teñen que irse normalizando, e con todo non o vemos.

Seguir lendo

Peixe e marisco fresco Pasa pola túa peixaría de barrio esta fin de semana, atoparás peixe e marisco moi fresco e coa máxima calidade.

Os beneficios do peixe

Peixe no mercado O peixe considérase un alimento básico nunha alimentación saudable, e debemos tomar de dúas a catro racións de peixe por semana, alternando os peixes graxos (azuis) cos magros (brancos). Ademais, o seu consumo é especialmente importante en embarazadas, lactantes e durante períodos de crecemento, como na idade infantil.

O peixe forma parte das tradicións culturais e gastronómicas de moitos países. É un alimento nutritivo, saboroso e moi saudable, e altamente beneficioso para a saúde achegándonos os seguintes beneficios:

Seguir lendo

Campaña publicitaria Hoxe comemos peixe - Cuña que se emite en distintas emisoras de radio.

Xunta de Galicia - Consellería de Economía, Emprego e Industria
Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña
Galicia